"Honeymoon", patrocinada pola Deputación, proxectouse esta tarde no Festival de Málaga

Compartir

Ourense, 15 de marzo de 2023.- A película "Honeymoon", patrocinada pola Deputación de Ourense, proxectouse esta tarde na sección oficial fóra de concurso do Festival de Cine de Málaga 2023, que se celebra na cidade andaluza ata o vindeiro 19 de marzo.

"Honeymoon" é unha longametraxe dirixida polo coruñés Enrique Otero e protagonizada por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza, contando tamén cunha ampla representación galega no reparto con actores como Antonio Durán "Morris", María Tasende ou María Vázquez.O filme, que desenvolve un thriller dramático con forte presenza de humor negro, foi producido por ControlZ e AccaMedia, ademais de contar co apoio da Deputación de Ourense, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), a TVG  e a Valladolid Film Commission.