Rosendo Fernández asistiu á homenaxe ao oncólogo Rafael López

Compartir

Ourense, 15 de abril de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde en Vilamartín de Valdeorras á homenaxe ao xefe de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Rafael López, fillo predilecto deste concello. Ao acto acudiron, entre outros, o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e os conselleiros Julio García Comesaña e Rosa Quintana.