Manuel Baltar visitou a exposición "Acisclo: sete décadas" acompañado polo artista ourensán
Ourense, 18 de abril de 2023.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá en Ourense a exposición "Acisclo: sete décadas" acompañado polo propio artista. A mostra, que se pode visitar na sala de exposicións de Afundación Ourense ata o 21 de maio, percorre a traxectoria de Acisclo Manzano a través de obras procedentes de coleccións públicas -entre elas, a da Deputación de Ourense- e coleccionistas privados. Manuel Baltar e Acisclo Manzano estiveron acompañados polo vicepresidente segundo, César Fernández.