O presidente da Deputación visitou a última xornada da ICC eSports, no marco da Ourense ICC Week

Compartir

Ourense, 23 de abril de 2023.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá no CEIP Mestre Vide a ICC eSports, parte da programación da Ourense ICC Week co foco situado nos deportes electrónicos e que viviu hoxe a última xornada no peche da novena edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas. Manuel Baltar tamén estivo con Mon Devane, que pintou un graffiti no exterior do pavillón do colexio ourensán.

Na ICC eSports, celebrada no CEIP Mestre Vide, a organización volveu a combinar a competición e exhibición dos novos talentos de toda España cos torneos abertos a todos os asistentes e o xogo libre en diferentes plataformas. Todas as actividades foron completamente gratuítas, dentro da aposta da organización da ICC eSports por aproximar os deportes electrónicos á sociedade e romper a fenda dixital que, sinalan, aínda sigue existindo pese aos avances dos últimos anos.