Luis Menor, na Festa da Anguía de Barral (Castrelo de Miño)
Castrelo de Miño, 4 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da 28ª Festa da Anguía de Barral, en Castrelo de Miño. Na casa do concello asistiu á recepción organizada polo grupo de goberno, co alcalde á fronte, Avelino Pazos, onde ademais asinou no libro de honra. Media hora despois participou, xa no punto da festa, na apertura desta cita gastronómica.