A Deputación colabora na organización de Ourense Vinis Terrae

Compartir

Ourense, 5 de xuño de 2023.- A xerente do Inorde, Emma González, participou esta mañá en Expourense na inauguración do X Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, en representación do goberno provincial que un ano máis contribuiu a que Ourense Vinis Terrae sexa o escaparate internacional dos viños galegos.

Emma González destacou o papel dinamizador desta feira converida xa "nunha ferramenta ao sevizo das pequenas e medianas adefas galegas, axudando ao sector nunha tarefa tan complexa como é a de abrir novos mercados".

Neste sentido, a xerente do Inorde salientou o papel da provincia de Ourense neste sector ao contar con 4 das 5 Denominacións de Orixe Vitivinícolas, así como a IXP Viños da Terra do Val do Miño Ourense, que concentran aproximadamente 200 adegas y máis de 2700 viticultores. No ano 2022 incrementaron o valor das exportacións ata os 17 millóns de euros, a pesar de reducir o volume de litros. "Isto denota que o sector está a lograr que se valorice un produto de calidade, singular e autóctono", afirmou Emma González.

Por todo elo, a Deputación de Ourense, sensible a este tecido produtivo, acompaña aos Consellos Reguladores e ás rutas do Viño apoiando as súas necesidades básicas e de xestión.