Rosendo Fernández participou na apertura do Simposium sobre Enerxías Renovables

Compartir

Ourense, 22 de xuño de 2023.- O vicepresidente primeiro en funcións da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Expourense na apertura do XVI Simposium sobre Enerxías Renovables, cita coa que colabora o goberno provincial e na que ao longo desta xornada diferentes expertos abordarán cuestións arredor da arquitectura sostible, a eficiencia enerxética ou as enerxías renovables.