Manuel Baltar participou na inauguración das novas instalaciones de Cofares en San Cibrao das Viñas
Ourense, 23 de xuño de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en San Cibrao das Viñas na inauguración das novas instalacións do grupo Cofares na provincia de Ourense.
Manuel Baltar resaltou o compromiso do goberno provincial co desenvolvemento da industria e destacou o peso específico do sistema farmacéutico na vertebración do territorio, nun acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e que tamén contou coas intervencións da alcaldesa de San Cibrao, Marta Nóvoa; o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso; e o presidente de Cofares, Eduardo Pastor.