Álvaro Fernández participou na inauguración da Feira do Viño de Valdeorras
Ourense, 8 de xullo de 2023.- O deputado Álvaro Fernández participou esta mañá no Barco de Valdeorras na inauguración da XXIV edición da Feira do Viño de Valdeorras, acto presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e que tamén contou coas intervencións do alcalde do Barco, Alfredo García, do presidente do CRDO Valdeorras, José Ramon Rodríguez Castellanos, e do pregoeiro deste ano, o xornalista Manuel Jabois.