A Deputación de Ourense celebrou hoxe un pleno extraordinario de aprobación de actas

Compartir

Ourense, 12 de xullo de 2023.- A Deputación de Ourense celebrou este mediodía, baixo a presidencia de Manuel Baltar, unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Provincial para a aprobación das actas das sesións anteriores, correspondentes á ordinaria do 28 de abril de 2023 e ás extraordinarias do 4 de maio de 2023 e o 2 de xuño de 2023.

O vindeiro luns 17 de xullo, a partir das 12,00 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Pazo Provincial a sesión extraordinaria para a constitución da Corporación Provincial para o mandato 2023-2027.