César Fernández asiste ao acto de homenaxe a Blanco Amor con motivo do 126 aniversario do seu nacemento

Compartir

Ourense, 14 de setembro de 2023.- Con motivo do 126 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, a Fundación que leva o nome do escritor organizou unha serie de actos de homenaxe e lembranza ao autor de "A Esmorga", nos que participou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, ratificando o apoio da Deputación.

O primeiro dos actos programados foi unha ofrenda diante da escultura na honra do escritor, realizada por Xosé Cid e instalada na praza Bispo Cesáreo. A continuación, o Liceo acolleu a mesa redonda titulada "Eduardo Blanco Amor,o estigma continúa", na que interviñeron os escritores Bieito Iglesias e Afonso V. Monxardín.