Luis Menor, na VII Romaría Abanca Internacional
Ourense, 29 de xullo de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe á VII Romaría Abanca Internacional, celebrada no Auditorio municipal e no claustro do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; así como directivos da entidade financeira e organizadora do evento, co seu presidente á cabeza, Juan Carlos Escotet.