Manzaneda acolle o XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

Compartir

Manzaneda, 30 de xullo de 2023.- A estación de montaña de Manzaneda acolleu este domingo o XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, organizado pola  Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Manzaneda e a Xunta de Galicia, así como tamén co apoio da propia estación de montaña. O deputado provincial Xosé Miguel Pérez Blecua representou á Deputación neste evento, no que se deron cita preto de 300 gaiteiros.