Luis Menor comparte festa gastronómica coa veciñanza de Muíños
Muíños, 5 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación, Luis Menor, participou hoxe na xornada festiva organizada polo Concello de Muíños, cunha completa cita gastronómica e de actividades que incluíu a degustación do Galo Pica no Chan, o Becerro do Xurés e as xa tradicionais Sopas do Burro Canso, esta última con 33 edicións e declarada como Festa de interese Turístico de Galicia.