O presidente da Deputación participa na Festa Popular do concello de Baltar

Compartir

Baltar, 5 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e mailo presidente do Inorde e deputado de Turismo, Rosendo Fernández, achegáronse esta tarde ao concello de Baltar para visitar a XIII Festa Popular, na que xunto á promoción da tradición e cultura da raia tamén se celebraron actividades destinadas a fomentar a conservación do medio ambiente, degustacións de produtos locais e deportes, ademais de iniciativas relacionadas con hábitos de vida saudables e xogos populares, dos que participou Luis Menor.