María del Carmen González Quintela asiste á inauguración da BacoFesta, que escenifica a unión dos pobos da Rúa e Petín

Compartir

Ourense, 11 de agosto de 2023.- A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, asistiu esta tarde á inauguración da BacoFesta, un evento festivo cun marcado espíritu histórico que pon en escea a unión dos pobos da Rúa e Petín e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense. O pregón que supuxo o inicio do festexo correu a cargo do rués Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.A recreación do campamento romano en O Aguillón será o centro neurálxico das actividades festivas, con concertos, xornadas romanas e un partido amistoso entre combinados da Rúa e O Barco de Valdeorras.