Rosendo Fernández participa na visita á Casa do Legoeiro que reabrirá como oficina de turismo de Ourense

Compartir


Ourense, 18 de agosto de 2023.- O deputado provincial de Turismo e Termalismo, Rosendo Fernández, participou na presentación, a cargo do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, das obras de rehabilitación da icónica casa do Legoeiro que volverá a albergar a oficina de Turismo da Xunta de Galicia. A infraestrutura atópase á entrada da Ponte Romana, preto da estación de tren de Alta Velocidade, situada en pleno itinerario xacobeo da Vía da Prata sendo, polo tanto, un punto de referencia para os visitantes da provincia de Ourense.