A deputada provincial delegada especial para Valdeorras asiste ao acto de apertura do IV “Marco Petín”

Compartir

Petin, 18 de agosto de 2023.- A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, asistiu ao acto de apertura da IV edición de "Marco Petín", que tivo lugar no teleclube de Petín.

A inauguración deste evento consistiu nunha conferencia a cargo de Tarsicio Fernández Molina, trala cal se abriu ao público o percorrido artístico polas rúas do casco vello de Petín. A mostra de artistas da comarca poderá visitarse esta fin de semana desde as 20.00 ás 23.00 horas.

Para máis información: https://marcopetin.my.canva.site