A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, participa no acto de homenaxe ao grupo de arqueólogos “Os Escarbadores”

Compartir

O Barco, 25 de agosto de 2023.- A deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González Quintela, asistiu en representación da Deputación de Ourense ao acto de homenaxe ao grupo de arqueólogos "Os Escarbadores", a quenes se lles debe case a totalidade dos descubrimentos arqueolóxicos da comarca de Valdeorras.

O acto foi organizado polo Instituto de Estudios Valdeorreses coa colaboración da asociación Casino de O Barco, e consistiu nunha lección impartida por un ex membro do grupo, unha exposición de fotografías en gran formato que recolle a maioría de descubrimentos, así como a presentación dun CD recopilatorio coas mellores fotografías do grupo. Toda a actividade tivo lugar na Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.