A vicepresidenta primeira da Deputación participa na presentación da terceira edición do festival “Espírito Ribeiro”

Compartir


Os municipios de Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle acollerán esta iniciativa que mestura gastronomía, viño e música, os días 1, 2 e 3 de setembro, respectivamente

Castrelo de Miño, 29 de agosto de 2023.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou esta mañá na presentación da terceira edición de "Espirito Ribeiro", o festival de sabores, música e produto de proximidade, que se celebrará do 1 ao 3 de setembro, en Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que aglutina "os valores do Ribeiro como son a paisaxe e o viño e que farán unha maridaxe perfecta coa música e coa gastronomía que forman parte da programación do festival", sinalou a vicepresidenta primeira do goberno provincial, quen lembrou que este tipo de iniciativas "contribúe a dinamizar a actividade económica da comarca promovendo o consumo local e o valor engadido que ofrece este territorio".