O vicepresidente segundo da Deputación participa na presentación do VIII Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV, en Verín

Compartir

Verín, 1 de setembro de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación e deputado provincial de Cultura, César Fernández, participou hoxe no Auditorio de Verín, na presentación da VIII edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV no que concorrerán 32 curtos na sección oficial de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes.

César Fernández puxo en valor o apoio da Deputación de Ourense ao FIC, co que vén colaborando desde hai anos, afirmando que para a institución provincial "a cultura é unha ferramenta clave no desenvolvemento social e económico dos nosos territorios". Neste sentido, salientou o compromiso do goberno provincial a prol das iniciativas promovidas ao longo de toda a provincia para achegar a cultura ao maior número posible de persoas.

O programa de actividades comezará oficialmente o vindeiro venres, 8 de setembro e durante nove días ofrecerá ao público asistentes, ademais do visionado dos filmes que se presenten ao concurso dentro das diferentes categorías do certame, dun amplo programa de 21 actividades paralelas, triplicando o de anteriores edicións.

Mais información: ficviaxiv.com