A Deputación dota con dous novos furgóns a súa flota de vehículos para atender as novas necesidades das brigadas de obras e servizos
Ourense, 8 de setembro de 2023.- A Deputación de Ourense incorporou dous novos furgóns a súa flota de vehículos para dar cumprimento ás novas necesidades que requiren as brigadas de obras e servizos de campo para o desprazamento de persoal e mercancías.
Un destes novos vehículos integrarase na brigada de emerxencias da zona de Ourense, responsable de dar resposta as 24 horas do día ás posibles emerxencias que se produzan en vías provinciais. E, o outro furgón incorporarase á brigada de zonas de verdes de Ourense que realiza as tarefas de mantemento e conservación de espazos verdes de xestión directa e tamén para cooperar con concellos da provincia.