Xosé Miguel Pérez Blecua asiste á XVI Feira Concurso Exposición de Gando Vacún en Castro Caldelas
O deputado provincial de Dinamización do Medio Rural representou á Deputación neste importante evento gandeiro centrado nas razas autóctonas Caldelá, Vianesa e Rubia Galega, amosando así o apoio da institución provincial a esta iniciativa
Castro Caldelas, 10 de setembro de 2023.- O deputado provincial delegado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asistiu en representación da Deputación de Ourense á XVI Feira Concurso Exposición de Gando Vacún en Castro Caldelas, centrado nas razas autóctonas Caldelá, Vianesa e Rubia Galega.
A competición do concurso contou con tres seccións: sementais, vacas reprodutoras e xato. Os gañadores de cada categoría recibiron premios en metálico como recoñecemento á súa dedicación e esforzo na cría de gando de calidade.
A característica especial deste importante evento gandeiro veu da man dun elemento tradicional da cultura galega: as xugadas. Por este motivo, o concurso tamén premiou as mellores, tanto con carro coma sen el.