César Fernández asiste á inauguración da mostra sobre o poeta Carlos Oroza, na praza Buxán de Ribadavia
Ribadavia, 12 de setembro de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e delegado de Cultura, César Fernández, asistiu hoxe á inauguración, na praza Buxán de Ribadavia, da mostra Oroza (1923-2023. Centenario do poeta Carlos Oroza, que se poderá contemplar ata o próximo día 29.
A mostra homenaxea ao creador con motivo do centenario do seu nacemento. Trátase dunha exposición incluída na programación especial impulsada pola Xunta de Galicia e a Asociación Évame-Oroza con motivo desta efeméride durante este ano. Está composta por diferentes imaxes e texto que ofrecen un percorrido pola traxectoria vital e artística do autor.