A Vicepresidenta primeira da Deputación participa nos actos da Xura de Bandeira para a cidadanía no claustro de San Francisco
Ourense, 23 de setembro de 2023.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou esta tarde na Xura de Bandeira para a cidadanía, no marco dos actos conmemorativos organizados en homenaxe ao Rexemento de Infantería Zamora 8, "El Fiel".
No complexo de San Francisco, na antiga praza de armas do rexemento, preto de 300 persoas participaron na homenaxe á bandeira, bicando o emblema da nación.
A Deputación de Ourense colaborou cos actos organizados polo Ministerio de Defensa para conmemorar os 80 anos da chegada a Ourense do Zamora 8.