O pulpo triunfa en USA da man dos chef Paco Gómez y Anxo Trives, da asociación Amigos da Cociña Galega, co apoio da Deputación de Ourense
Newark (EE.UU.), 25 de setembro de 2023.- O restaurante Casa D´Paco, no 73 Warwick Street de Newark (condado de Essex; New Jersey), acolleu un show de cocina especializado en pulpo da man dos chef Paco Gómez e Anxo Trives, destacados membros da asociación Amigos da Cociña Galega, que estes días participan nun encontro gastronómico a celebrar en diferentes puntos dos Estados Unidos para promocionar a gastronomía galega. Unha iniciativa que conta co apoio da Deputación de Ourense.
A este primeiro encontró acudiron líderes empresariais da comunidade e recoñecidos influencers que, polo que se observa nas imaxes do fotógrafo "Vincent.", ata parece se emocionaron cos sabores galegos.