A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asiste á inauguración do “Trailer Enfermero”

Compartir

Ourense, 26 de setembro de 2023.- A deputada provincial delegada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asistiu esa mañá en representación da Deputación á inauguración do "Trailer Enfermero", una iniciativa que trae o Consejo General de Colegios de Enfermería de España a Ourense.

Esta novidosa instalación estará na praza do Bispo Cesáreo ata o xoves 28 de setembro, e servirá para divulgar e informar á poboación do labor que realiza o colectivo pertencente á Enfermería. Charlas, enquisas, probas con diagnósticos in situ e xogos servirán para achegar cuestións de suma importancia para a ciudadanía como as relativas á nutrición, climaterio, prevención do suicidio, saúde mental, prevención de accidentes domésticos, RCP e atragantamento, febre ou climaterio, entre otras.