Marta Nóvoa ratifica o apoio da Deputación á xornada “Quo vadis, Ourense? El futuro se escribe con ‘T’ de Tecnologías”

Compartir

Ourense, 27 de setembro de 2023.- A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu esta mañá á xornada "Quo vadis, Ourense? El futuro se escribe con 'T' de Tecnologías", organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración coa Deputación. Precisamente, Marta Nóvoa ratificou que a Deputación "continuará a prestar todo o seu apoio a estas iniciativas, e sobre todo a crear as condición axeitadas para que as empresas poidan mellorar a súa innovación e acceso á tecnoloxía".

Esta xornada, que se desenvolveu na Tecnópole, analizou o papel das tecnoloxías no futuro da nosa sociedade, así como os retos da transformación dixital nas empresas, que se viu apurada por mor da pandemia, pero que abre un mundo inmenso de posibilidades neste sector.