Luis Menor asiste á celebración do "Día da Bici", unha das manifestacións lúdico-deportivas con maior tradición popular na cidade

Compartir

Ourense, 1 de outubro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe, xunto ao deputado provincial de Deportes, César Fernández e outros representantes públicos e privados, á saída da 37ª edición do "Día da Bici" que reuníu a milleiros de afeccionados ao ciclismo nas rúas da capital, nunha das manifestacións lúdico-deportivas con maior tradición e participación popular de todas as que se celebran na provincia.

O percorrido pola cidade comezou na Alameda e rematou no mesmo punto tras percorrer 11 quilómetros polas rúas Marcelo Macias, avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Eulogio Gómez Franqueira, Río Arnoia, avenida de Santiago, Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Diez e de novo Progreso.