Expourense acollerá, co apoio da Deputación, a Feira Internacional de Antigüidades
Ourense, 2 de outubro de 2023.- O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe na presentación da 7ª edición da Feira Internacional de Antigüidades de Ourense, Antiq Auria, que co apoio da Deputación, reunirá do 6 ao 8 de outubro, a 45 expositores de catro países (España, Portugal, Suiza e Francia).
Os organizadores destacaron desta edición a cantidade e calidade dos expositores, con presenza de anticuarios que participan nos grandes mercados europeos de antigüidades. O obxectivo de Antiq Auria, tal e como indican desde "Memoria Antiga" é "poñer en valor o antigo e que a xente conserve e lle tome cariño ás cousas vellas porque son parte da súa historia", e así promover o hábito de comprar antigüidades.
Máis información: https://www.expourense.org/eventos-ferias/antiq-auria-7a-feria-internac…