Rosendo Fernández asiste á presentación da asociación “Miradas Mulleres + 60”

Compartir

Ourense, 3 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe no Liceo, á presentación da asociación "Miradas Mulleres +60", presidida por María Antonia Rilo. Este colectivo xorde das inquedanzas de 14 mulleres que, entre os seus obxectivos, procura erradicar o edadismo, dar visibilidade social ás mulleres desta idade, crear redes de apoio para abordar a soidade non desexada, concienciar na loita contra a violencia de xénero nas mulleres maiores, entre outros.

Na presentación da asociación participou o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, responsable de presentar á xefa do servizo de Neurociruxía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a doutora Ana Pastor Zapata, que protagonizou a conferencia: "Sen límites: idade e mediciña".