A deputada provincial de Mocidade participa na inauguración das XI Marchas Ciclistas Unificadas Special Olympics
Allariz, 5 de outubro de 2023.- A deputada provincial de Mocidade, Teresa Barge, participou hoxe, en Allariz, na inauguración das XI Marchas Ciclistas Unificadas organizada por Special Olympics Galicia. Esta iniciativa leva ás rúas a ciclistas polas rúas das catro provincias galegas a favor da inclusión.
Cada ano, persoas con e sen discapacidade anímase a participar en catro xornadas deportivas que organiza Special Olympics por todo o territorio galgo para dar visibilidade ao colectivo, erradicando as barreiras físicas e psicolóxicas que aínda atopan na sociedade actual.
Esta actividades divídese en catro etapas ao longo da primeira semana de outubro e comezou hoxe pola provincia de Ourense, concretamente desde Allariz para percorrer un total de 19,5 km que chegarán ao municipio de Xunqueira de Ambía.