Rosendo Fernández participa na inauguración do Congreso de Historia Veterinaria Galega

Compartir

Ourense, 6 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe no Liceo de Ourense na inauguración do Congreso de Historia Veterinaria Galega, que reuniu na capital a preto dun cento de asistentes para analizar o vínculo de Ourense coa historia da veterinaria, homenaxeando a figura de Prado Lameiro (veterinario, escritor e fundador da Coral de Ruada).

Rosendo Fernández reivindicou o traballo realizado nos últimos anos polo goberno provincial para impulsar a Ourense como destino de turismo de congresos, afirmando que cada vez son máis os organizadores que "escollen o noso territorio para celebrar os seus eventos, como se demostra hoxe aquí". Un labor que sería difícil levar a cabo sen a colaboración institucional público-privada, engadiu.