Gran éxito da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nos actos do Día da Hispanidade, en Madrid

Compartir

Madrid, 8 de outubro de 2023.- Espectacular éxito da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nos actos do Día da Hispanidade, celebrados en Madrid. A Real encabezou o desfile oficial cunha formación de 54 gaiteiros onte, 7 de outubro. No día de hoxe, 8 de outubro, ofreceu un concerto con temas da tradición hispanoamercana ante miles de espectadores que vibraron coa súa música. Finalizou o concerto coa interpretación dos himnos da Hispanidade, España e Galicia.