Patricia Torres representa á Deputación na presentación do II Partido Benéfico contra o Cancro de Mama

Compartir

Ourense, 9 de outubro de 2023.- Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, o vindeiro 19 de outubro, baixo o lema "O rosa é máis que unha cor", volta o segundo Partido Benéfico en favor da AECC Ourense. Grazas ao "rosa" conseguíronse grandes avances fronte ao cancro de mama, pero queda moito por conseguir: impulsar unha maior participación en detección precoz, reducir o impacto emocional e social e ter máis investigación en cancros de mama complexos.

Por este motivo, a sede provincial da AECC acolleu a presentación do II Partido Benéfico contra o Cancro de Mama que será disputado no Campo Municipal de Oira. Neste acto participou a deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, quen ratificou o apoio da Deputación de Ourense a este evento benéfico.