A Deputación convoca diversos procesos selectivos para cubrir 15 prazas para funcionarios e persoal laboral fixo, tanto de oposición libre como de concurso-oposición
Mediante oposición en turno libre, convócanse tres prazas de administrativos e unha praza de subalterno. A través do sistema de concurso-oposición, en turno libre, convócanse, para persoal laboral fixo, tres prazas de chóferes especialistas, dúas prazas de axudantes de obras e servizos, unha praza de maquinista de sala teatral, e catro prazas de peóns camineiros. Tamén se convocan dúas prazas de administrativo, en turno de promoción interna para persoal funcionario; e unha praza de albanel para persoal fixo por promoción interna
No BOP número 102, de 5 de maio de 2023, están publicadas as bases que rexen a devandita convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde mañá, 11 de outubro
Ourense, 10 de outubro de 2023.- O Boletín Oficial do Estado de hoxe publica a resolución de 27 de setembro de 2023 da Deputación de Ourense, referente á convocatoria para proveer varias prazas referidas á Oferta de Emprego Público do exercicio 2022. As bases da devandita convocatoria consta publicada no BOP número 102, de 5 de maio de 2023. O prazo de presentación de solicitude será de 20 días naturais a contar desde mañá, que é o día seguinte á publicación desta resolución no BOE.
Así, para persoal funcionario convócanse 3 prazas de administrativos, de Administración Xeral, subgrupo C1, escala de Administración Xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de oposición en turno libre. Tamén se convoca unha praza de subalterno, de Administración Xeral, subgrupo AP, escala de Administración Xeral, subescala subalterna, mediante o sistema de oposición en turno libre. Por último, convócanse mediante o sistema de concurso-oposición, en turno de promoción interna, 2 prazas de administrativo, subgrupo C1, escala de Administración Xeral, subescala administrativa.
Para persoal laboral fixo, convócanse, mediante o sistema de concurso-oposición, en turno libre, 3 prazas de chóferes especialistas; 2 prazas de axudantes de obras e servizos; 1 praza de maquinista de sala teatral do Teatro Principal; e 4 prazas de peóns camineiros. Por último, convócase por promoción interna e 1 praza de albanel.