A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, asiste á presentación da VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Protección Civil de Ourense
Esta xornada terá lugar no Pereiro de Aguiar – Ribeira Sacra o vindeiro día 22 e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense, Deputación Provincial de Lugo, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e os concellos de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar
Ourense, 10 de outubro de 2023.- A vicepresidenta primeira de Deputación, Marta Nóvoa, participou esta mañá na presentación da VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de outubro, a partir das 8:30 h en O Pereiro de Aguiar - Ribeira Sacra e na que participarán preto de 500 voluntarios e voluntarias de protección civil e 65 AVPC de España. Marta Nóvoa manifestou o firme apoio da Deputación a este iniciativa, que colabora na organización da mesma xunto coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e os concellos de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar.
Preténdese facer unha xornada que sirva como punto de encontro para voluntarios e voluntarias de toda España; e se achegue o traballo desenvolvido á cidadanía amosando o gran capital humano dos seus membros, con preto de 4.500 voluntarios e voluntarias formando parte das 235 agrupacións de Protección Civil en Galicia.
Neste ambiente de convivencia realizaranse diferentes talleres prácticos no entorno natural Ribeira Sacra para tratar de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias.
Nestes talleres colaborarán empresas e organismos como os Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, que mostrarán as técnicas de control da Vespa Velutina. Ademais os voluntarios e voluntarias poderán desfrutar, grazas as empresas Fast Autos e Marvic, dun clásico coche de rallyes o Ford Escort MK I encadrado dentro do taller sobre seguridade en rallyes. Os voluntarios de voluntarias das AVPC de Castrelo e Ourense, farán prácticas de rescate acuático co emprego de motoacuática. E terase ademais exposicións, exhibicións e novidades en material de emerxencias e protección civil por parte de empresas como Peycar, Air Box, Misutonida, Urbantech e Clickfer Gorgoso.
Na Xornada haberá ademais un "Acto de recoñecemento á labor feita polas voluntarias e voluntarios o longo da súa traxectoria e actividade en Protección Civil", mediante a entrega de medallas e condecoracións. Este acto terá lugar durante o xantar de confraternidade, que servirá como clausura das xornadas.