A deputada de Mocidade, Teresa Barge, asiste á presentación da “Rutas dos Zapateiros”

Compartir

Celanova, 11 de outubro de 2023.- A deputada de Mocidade, Teresa Barge, asiste á presentación da "Ruta dos Zapateiros", unha iniciativa que se estreará o vindeiro 21 de outubro a proposta da asociación de veciños Gutier Menéndez de Vilanova dos Infantes para lembrar un camiño intimamente ligado ó labor destes artesáns.

Esta andaina, cun percorrido de 17 quilómetros, levará aos participantes a percorrer o camiño que realizaban os zapateiros de Vilanova para achegarse a Allariz para adquirir o coiro que precisaban para confeccionar o calzado, así como para posteriormente vendelo nas feiras. A ruta, de carácter etnográfico e antropolóxico, transcorrerá por zonas de interese turístico, paisaxístico e natural da zona.