César Fernández participa na entrega de premios da Copa Deputación de Golf
Ourense, 14 de outubro de 2023.- O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou esta tarde no acto de entrega de premios da Copa Deputación de Golf, que se celebrou durante esta xornada no Real Montealegre Club de Golf.
Nun torneo individual a 18 buratos, a organización repartiu media ducia de premios, ademais de obsequios sorteados entre todos os participantes.