O vicepresidente segundo da Deputación participa na promoción da Denominación de Orixe Ribeiro en Dublín

Compartir

Ourense, 18 de outubro de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández participou no evento de promoción organizado pola D.O. do Ribeiro en Dublín para dar a coñecer os viños da Denominación de Orixe vitivinícola máis antiga de Galicia ao mercado profesional irlandés.

Dentro das actividades programadas, estaba incluída unha masterclass guiada polo crítico de viños do diario The Irish Times, John Wilson dirixida a 25 profesionais do sector, así como un showroom con nove adegas presenciais e un túnel de viños con outras tres adegas máis representadas. Todo elo levouse a cabo na Sala Trinity do hotel RIU Plaza The Gresham.