O deputado de Representación Institucional asistiu á inauguración da exposición solidaria en beneficio de “Tierra de Hombres”

Compartir

Ourense, 18 de outubro de 2023.- O deputado delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe no Liceo de Ourense á inauguración da exposición en beneficio de "Tierra de hombres", unha organización que traballa coa axuda directa á infancia. Trátase dunha mostra que baixo o título "Unha viaxe solidaria e creativa á vida" na que participan máis de 30 artistas plásticos doando as súas obras para recadar fondos. A xornada inaugural estivo amenizada pola actuación de María do Ceo.