Pereiro acolle o 5 de novembro a III Andaina e o III Trail Ruta dos Muíños e Chaira
A Andaina e o Trail darán comezo donde o Pabellón municipal, pasando polo Monte da Chaira, e Club Santo Domingo seguindo hacia a ruta dos Muíños para regresar ao Monte da Chaira, onde os participantes terán que dar voltas a un circuito deseñado pola organización
Pereiro de Aguiar, 19 de outubro de 2023.- A Casa do Concello de Pereiro de Aguiar acolleu a presentación da III Andaina e do III Trail Ruta dos Muíños e Chaira, probas que terán lugar o vindeiro 5 de novembro. Participaron nesta rolda de prensa, en representación da Diputación Provincial, o asesor en Política deportiva, Diego Enrique Álvarez Fernández; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; ademáis dos integrantes do C.D. La Purísima Montse Novoa e Anxo Valcárcel; o concelleiro de Deportes do Concello de Pereiro de Aguiar, Fran González Fraga; e o técnico deportivo Sergio Vázquez Arce.
A Andaina e o Trail darán comezo donde o Pabellón municipal, pasando polo Monte da Chaira, e Club Santo Domingo seguindo hacia a ruta dos Muíños para regresar ao Monte da Chaira, onde os participantes terán que dar voltas a un circuito deseñado pola organización.
As inscripcións e consulta dos detalles de ambos percorridos poden realizarse en www.sportmaniacs.com