Rosendo Fernández asiste á presentación das liñas estratéxicas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024

Compartir

Ourense, 19 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá na sede da CEO, ao acto de presentación das liñas estratéxicas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024, a cargo da conselleira Elena Rivo.

A conselleira destacou a aposta por unha Galicia dinámica e inclusiva cuns ornamentos que crecen un 2,4% ata alcanzar os 501,6 M€ na Consellería de Promoción do emprego e Igualdade. Estas contas expansivas permitirán avanzar na loita contra a violencia de xénero, impulsar o emprendemento e continuar apoiando o traballo autónomo.