A Deputación de Ourense colabora co municipio de Abenójar (Ciudad Real) nunha xornada sobre comunidades enerxéticas

Compartir

O deputado de Novas Tecnoloxías, Reto Demográfico e Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asistiu a esta xornada técnica baseada na "transición enerxética rural"

Abenójar (Ciudad Real), 20 de outubro de 2023.- O deputado de Novas Tecnoloxías, Reto Demográfico e Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asistiu hoxe en Abenójar (Ciudad Real) á I Xornada sobre Comunidades Enerxéticas titulada "A transición enerxética rural", que se desenvolveu durante toda a xornada no salón de usos múltiples do municipio ciudadrealeño.

A Deputación de Ourense colabora na organización destas xornadas xunto a outras deputacións como a de Ávila e Ciudad Real, e organismos como a Asociación para el desarrollo sostenible del Valle de Alcudia.