A deputada de Política Social participa no descubrimento dunha placa conmemorativa da III Andaina Cultural "Camiño de Nós"

Compartir

O Irixo, 21 de outubro de 2023.- A deputada de Política Social, Patricia Torres, participou no descubrimento dunha placa conmemorativa da III Andaina Cultural "Camiño de Nós", que tivo lugar na. Casa do Zapateiro do Irixo.

A andaina teatralizada, organizada pola Fundación Insua dos Poetas, recorda que en xullo de 1926 un grupo de sete galeguistas de Ourense, todos membros do Seminario de Estudos Galegos, fixeron a pé o traxecto entre Ourense e Santiago (105 km), seguindo un itinerario coñecido desde a Idade Media como Camiño dos Arrieiros.

Este camiño atravesa un total de 11 concellos, 5 da provincia de Ourense, 3 da de Pontevedra e 3 da Coruña.