A Deputación de Ourense súmase ao acto conmemorativo con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido
Ourense, 26 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe, na sede da Asociación DCA Ourense, á lectura do manifesto en favor dos dereitos deste colectivo, que se realizou no marco dos actos conmemorativos organizados pola entidade con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido, para dar visibilidade ao colectivo de persoas e familias con dano cerebral.