Xosé Miguel Pérez Blecua representa á Deputación no Encontro Hábita Rural que se desenvolveu en Carballeda de Avia

Compartir

Carballeda de Avia, 26 de outubro de 2023.- O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asistiu en representación da Deputación ao Encontro Hábita Rural, que se desenvolveu durante toda a mañá no Salón de Plenos do Concello de Carballeda de Avia.

A xornada consistiu non encontro entre axentes clave para a recuperación de entornos rurais. Analizáronse as barreiras e elementos facilitadores para facer do rural unha oportunidade para novos proxectos de vida, dado que o asentamento de poboación é un dos factores imprescindibles para a dinamización do medio rural.

Xosé Miguel Pérez Blecua sinalou que "foi unha xornada moi interesante de debate sobre dinamización rural, centrado no acceso á vivenda e como conseguir atraer a novos habitantes ao rural xerando emprego local coa rehabilitación de vivendas".