José María Lago representa á Deputación no I Foro Biogás Biometano en Galicia
Vigo, 3 de novembro de 2023.- O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, participou hoxe, en representación da Deputación de Ourense, no I Foro Biogás Biometano en Galicia. Este foro especializado, que tivo lugar en Vigo, foi organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Na imaxe, o deputado provincial está acompañado polo xerente do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia, Oriol Sarmiento; así como polo secretario do Cluergal, Nonito Aneiros García.