Jorge Pumar participa na andaina “Ourense camiña pola diabetes”
Ourense, 4 de novembro de 2023.- O deputado de Innovación, Jorge Pumar, participou esta mañá na andaina "Ourense camiña pola diabetes", organizada pola Asociación Diabética Auria.
A andaina transcorreu desde o pavillón dos Remedios, pasando polo Paseo das Ninfas ata Oira, onde houbo un avituallamento, e á volta, fíxose unha parada na Sociedade Cultural Albor do Couto para uns petiscos e sorteos con regalos. Foron aproximadamente 4-5 quilómetros de percorrido.