Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación de "Ourenrock 2018". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director do festival, Rubén Álvarez; e do secretario de organización, Rubén Varela.